Estimadas familias,
chegados á metade do primeiro trimestre, comunícovos que seguirei convocándovos a titorías para falar da evolución dos vosos fillos e fillas.
Ademais, como apreciaredes xa nestes días, algún día pola semana ou para a fin de semana levaran algo de reforzo, como:
- lecturas e caligrafía nas linguas.
- problemas, series ou cálculo en matemáticas.
segundo o que precise cada neno/a. Dende mañá, comezamos os últimos contidos do trimestre que son totalmente novos e hai que consolidar ben para que non se queden atrás. Será temporal, como xa vos expliquei na reunión grupal de nais e pais.
É importante que revisedes as axendas, xa que cadaquén levará anotado a palabra "deberes" e o material para reforzar. Non sempre todos/as levarán o mesmo, así que cada un/unha debe responsabilizarse do seu.
Saúdos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario