Hoxe en Naturais, descubrimos os sentidos, a través da visualización de varios vídeos e escoitamos unha canción sobre dito contido. Ademais, repartimos o corpo dunha persoa e un esqueleto (que poderán atopar na carpeta) para proximamente facer unha manualidade e aprender a colocar as partes e os ósos máis importantes do noso corpo. NON O TEÑEN QUE FACER NA CASA, teñen a opción SE QUEREN de colorealo esta fin de semana, pero a actividade realizarémola de principio a fin, na aula.
REVISEN SE ALGÚN DOS ALUMNOS E ALUMNA TEÑEN QUE REMATAR ALGUNHAS SUMAS OU RESTAS DA PLANTILLA DE MATEMÁTICAS E QUE SIGAN LENDO TODOS OS DÍAS!
Dito isto, deixo os vídeos para repasar os contidos sempre que queiran!
Boa fin de semana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario