Boa tarde, deixo por aquí recadiños a ter en conta.
- Revisade as mochilas ou carpetas A4 (os que xa as mandastes) xa que inclúe unha nota do mestre de Educación Física, de cara ao vindeiro luns, e unha folla para autorizar a aquelas persoas que podan recoller aos nenos e nenas, se non podedes vir vós, nalgunha ocasión.
- A axenda escolar e a carpeta tamaño A4, NUNCA sairá da mochila do alumnado.
- Aclaración sobre os cadernos de pauta. Ata o momento os cadernos que me fixestes chegar son de pauta normal, solicitamos de pauta Montessori, deixo un par de fotos para que vexades a diferenza e que é o que realmente se pide.


No hay comentarios:
Publicar un comentario