lunes, 7 de marzo de 2022

Libro de animais

Estimadas familias,

Hoxe, cada neno/a levou un libro de animais para realizar dende hoxe día 7 de marzo ata o vindeiro 14 de marzo, unha investigación de campo, xa que, como consecuencia do COVID, este curso escolar non hai saídas, nin excursións, nin posibilidade de contacto directo coa natureza en entornos favorables, coma outros anos...

Este foi o modelo que se entregou. Comparto unha copia por se nesta  semana, o perden, se extravía ou ensucia, xa que é de obrigada entrega.


O que teñen que facer é:
- Colorear a portada e escribir o seu nome.
- Observar e buscar preto do entorno no que viven, 3 animais (de calquera tipo), poden aproveitar casas de campo de familiares, monte, visitas á praia (se coincide), parques, a propia rúa, mascotas... Unha vez detectados, deberán contestar ás preguntas e engadir ou ben unha foto ou debuxo dentro da pancarta que suxeitan os animais, ao final da folla.

Finalmente, destacar que os animais non se poden repetir; por exemplo: can, cadela... e que o apartado de outras características poden incluir dende datos curiosos, partes do corpo que compoñen o animal, etc.

DATA LÍMITE DE ENTREGA: 14 de MARZO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Proyecto del Espacio

No sé si os lo ha contado, pero estas 2 semanas, nos hemos embarcado en un nuevo proyecto de Ciencias: El espacio.  Estos 7 aventureros, no ...